O artigo 4 da Lei 37/2007, modificado pola Lei 18/2015, indica as modalidades de reutilización dos datos do sector público, entre as que se atopan:
- Reutilización de documentos postos a disposición do público sen suxeición a condicións.
- Reutilización de documentos postos a disposición do público con suxeición a condicións establecidas en licenzas-tipo.
- Reutilización de documentos previa solicitude, conforme ao procedemento previsto no artigo 10 ou, no seu caso, na normativa autonómica, podendo incorporar nestas supostos condicións establecidas nunha licenza.
- Acordos exclusivos conforme ao procedemento previsto no artigo 6.
Cales son as condicións xerais?
O artigo 8 da Lei 37/2007, tamén modificado pola Lei 18/20015, establece as seguintes condicións xerais para a reutilización de documentos:
- Que o contido da información, incluíndo os seus metadatos, non sexa alterado.
- Que non se desnaturalice o sentido da información.
- Que se cite a fonte.
- Que se mencione a data da última actualización.
- Cando a información conteña datos de carácter persoal, a finalidade ou finalidades concretas para as que é posible a reutilización futura dos datos.
- Cando a información, aínda sendo facilitada de forma disociada, contivese elementos suficientes que puidesen permitir a identificación dos interesados no proceso de reutilización, a prohibición de reverter o procedemento de disociación mediante a adición de novos datos obtidos doutras fontes.
Para máis información de como utilizar os datos consute os Termos de uso.