Formatos
CSV
Tipo de documento de texto plano en formato aberto empregado para representar datos tabulares en columnas separadas por comas e filas separadas por saltos de liña. As súas extensións son .csv e .txt.
ODF
Formato de Documento Aberto para Aplicacións Ofimáticas de OASIS é un formato de ficheiro estándar para o almacenamento de documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, memorandos, gráficas e presentacións. Está baseado nunha linguaxe de esquema XML, inicialmente implantado na suite ofimática OpenOffice.org.
Extensións de ficheiros:
- texto: .odt
- folla de cálculo: .ods
- debuxo: .odg
- gráfico: .odc
- fórmula matemática: .odf
- base de datos: .odb
- imaxe: .odi
- documento mestre: .odm
Documento de formato portable universal que mantén a aparencia do documento independentemente do sistema operativo que se utilice e inclúe combinacións de texto, imaxes vectoriais e mapas de bits. É multiplataforma é dicir, pode ser presentado polos principais sistemas, sen que se modifiquen nin o aspecto nin a estrutura do documento orixinal.
RDF
O Marco de Descrición de Recursos (RDF) é unha especificación desenvolvida polo l W3C (World Wide Web Consortium) para o modelado de información e a descrición de recursos da web mediante expresións na forma suxeito-predicado-obxecto. A combinación de RDF con outras ferramentas permite engadir significado ás páxinas e é unha das tecnoloxías esenciais para a web semántica.
SHP
Shapefile é un formato propietario de datos espaciais que está considerado como o estándar para o intercambio de información xeográfica entre Sistemas de Información Xeográfica (GIS). É un formato vectorial de almacenamento dixital, desenvolvido por ESRI, onde se garda a localización de elementos xeográficos e os atributos asociados a eles.
SPARQL
É unha linguaxe desenvolvida por W3C que permite a consulta de datos en RDF. É unha ferramenta esencial da Web Semántica.
XML
Metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolvida polo W3C (World Wide Web Consortium). Permite definir os datos de forma que é posible estruturalos utilizando para iso etiquetas que non están predefinidas. É o estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas.
Excel
Formato propietario de follas de cálculo desenvolvido por Microsoft, que contén filas e columnas de celas e cada unha pode incluír datos, fórmulas, texto, táboas e gráficos.
WMS
O servizo de Mapas Webs é un servizo definido polo OGC (Open Geospatial Consortium) que produce mapas de datos referenciados espacialmente, de forma dinámica a partir de información xeográfica. É un estándar internacional que define un mapa como unha representación da información xeográfica en forma dun arquivo de imaxe.
JSON
JSON (JavaScript Object Notation) é un formato de intercambio de datos leve, de fácil comprensión por persoas e fácil xeración e interpretación para as máquinas. Baséase nun subconxunto da linguaxe de programación JavaScript, caracterízase por ser unha linguaxe de formato de texto separado.