O Regulamento (UE) Nº 910/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de xullo de 2014 relativo á identificación electrónica e os servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interior e pola que se derroga a Directiva 1999/93/CEestablece que existen dous tipos de prestador de servizos de confianza, cualificados e non cualificados.
As definicións do artigo 3 aplicadas no Regulamento relativas aos prestadores de servizos son as seguintes:
- «servizo de confianza», o servizo electrónico prestado habitualmente a cambio dunha remuneración, consistente en:
- a creación, verificación e validación de firmas electrónicas, selos electrónicos ou selos de tempo electrónicos, servizos de entrega electrónica certificada e certificados relativos a estes servizos, ou
- a creación, verificación e validación de certificados para a autenticación de sitios web, ou
- a preservación de firmas, selos ou certificados electrónicos relativos a estes servizos;
- «servizo de confianza cualificado», un servizo de confianza que cumpre os requisitos aplicables establecidos no presente Regulamento;
- «prestador de servizos de confianza», unha persoa física ou xurídica que presta un ou máis servizos de confianza, ben como fornecedor cualificado ou como fornecedor non cualificado de servizos de confianza.
- «fornecedor cualificado de servizos de confianza», un prestador de servizos de confianza que presta un ou varios servizos de confianza cualificados e ao que o organismo de supervisión concedeu a cualificación.
A seguir, facilítase o acceso aos fornecedores nacionais de servizos electrónicos de confianza: